Había unha vez dous raposos que non se levaban ben entre eles. Un deses raposos tiña o rabo branco e o outro tiña o rabo negro.
O raposo do rabo negro sempre comía galiñas e case sempre se burlaba do
outro; pero un día o raposo que tiña o rabo branco decidiu ir ao
galiñeiro máis cercano e encherse a comer pitas, pero tan rápido
como entrou no galiñeiro, o galo chamou aos cans. Os cans puxéronse a
ladrar coma tolos e os homes saíron mirar o que pasaba e viron ao
raposo, pechárono mentres ían pola escopeta. Pero mentres ían pola
escopeta o raposo arrincoulle as plumas a unha galiña negra e púxoas
onda a porta do galiñeiro e cando viñeron os homes díxolles:
--Eu non fun mirade! Por aquí veu Xan (así se chamaba o outro raposo)
non vedes que lle caeron unhas plumas do rabo?.
Os homes miraron e viron que si, que fora o outro raposo e
preguntáronlle:
--E ti sabes onde vive?
--Claro!
Soltádeme que vos levo xunto a el nun minuto.
Tan rápido o soltaron escapou monte a riba ríndose e burlándose dos
homes.
Informante:
José Antonio Penas Rodríguez
Relación:
Meu pai
Idade:
48 anos
Casa do Herdeiro
Parroquia:
Condes
Ningún comentario:
Publicar un comentario