Despois, cocíase a cera nunha pota cunha temperatura feble. Tendíase nuns lenzos para que endurecese e para separala dos residuos que tiña. Logo, estendíase a cera sobre o chan do blanquieiro en tiras. Enrolábanse as tiras deste material fabricando as velas.
Para este traballo facía falla unha edificación chamada blanquieiro. Este era parecido a unha terraza actual. Estaba feito na súa totalidade de pedra de canteiras. Antigamente había bastantes blanquieiros e ben conservados. Actualmente que se conserven ben en Galicia só hai dous: un na Fonsagrada e outro no Carballo,Friol.Informante:Trinidad Rodríguez Argerey ( a miña avoa)
Casa: Casa de Bibiana
Idade:71 anos
Lugar:Carballo
Parroquia:Carballo
Ningún comentario:
Publicar un comentario