Unha galiña estaba debaixo dun castiñeiro e caeulle un ourizo na cocorochiña. Ela empezou a correr.
-Tropoloutrou, tropolouteiro,isca, don galo, que cae o mundo enteiro.
-Quen cho dixo, dona galiña?
-Caeume a min na cocorochiña.
-Tropoloutrou, tropoloutrazo,
vaiase, dona lebre que cae o mundo a deshora.
- Quen cho dixo, dona galiña?
- Caeume a min na cocorrochiña.
- Tropoloutrou, troupoloutrazo,
vaite, Raposa, que cae o mundo a pedazos.
- Quen cho dixo, dona Galiña?
- Caeume a min na cocorochiña.
--Pois se cae o mundo a pedazos, eu quero ir ben fartiña.
E alí mesmo chapou a faladora Galiña.
Contoumo María José (de Prescolar na Casa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario