Era unha pega que estaba no curuto dun carballo e tiña catro peguiños. Viullos o raposo e díxolle:
--Pega tira un pego
E dixo ela:
--Non cho tiro que non o teño
E o raposo vai e dille:
--Meu rabo corta aquí este carballo...
E a pega tiroulle un.
Quedábanlle tres, e volveu dicir o raposo:
--Pega tírame outro pego!
--Non cho tiro que non o teño
E o raposo:
--Meu rabo corta aquí este carballo.
Despois chegou unha pomba onde a pega e díxolle:
--Rabos de raposos non cortan carballos a por de machados.
Volveu o raposo e díxolle:
--Pega tírame outro pego
--Non cho tiro que non o teño
-- Díxocho a pomba!. Foi a pomba quen cho dixo !
-- Si -dixo a pomba-
-- Heite comer
-Se non me comes heite levar a unhas vodas no ceo
E subiuse á pomba e esta ía subindo, subindo e torceuse no alto e tirouno e o raposo dicía:
--Se caio nunha aira mátome e se caio nun pozo afogo!
Caeu nunha pila de leña e cravouse un canoto na barriga e dixo:
--Se me salvo e non morro non quero máis vodas no ceo!.
Contoumo a miña veciña Benedicta Iglesias Ramil de 70 anos da Casa da Iglesia en Trasmonte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario