22 de nov. de 2011

O sapo sen présa

Había unha vez un sapo que quería cruzar un regato por un paso de pedra porque, na outra beira, había unha ra que lle gustaba e quería ir para xunto dela.
O sapo tiña medo de caer na auga, el íase achegando á beira con precaución, lentamente... e despois de sete anos de intentos, dunha destas achegouse un pouquichiño máis e caeu ao río.
Entón dixo:
-Mailo demo ás présas!
Contado polo meu pai José Luis Pena Meilán, 50 anos da Casa de Xaneiro de Agruñá. Cotá

Ningún comentario:

Publicar un comentario