25 de nov. de 2011

O home e o lobo

Viña un home dunha festa cun lobo que o acompañaba. O lobo parecía moi manso, pero no medio do camiño revirouse e quíxolle botar a boca ó paisano. Entón o señor empezou a tocar, unha gaita que tiña, e o lobo foise.
Uns días despois, o mesmo home, pasaba por aquel mesmo camiño e saíulle outra vez o lobo e dille:
--Eu, o outro día non me comportei ben. Queríacho recompensar cun regalo. Hoxe, se queres, ven á miña casa e doucho.
--Vale, se mo pides así, terei que aceptar.
Pola tarde o home foi á casa do lobo, que estaba onda o río. Cando entrou pola porta, xa estaba alí o lobo esperando, que lle dixo:
--Mira, o meu regalo é esta cama que está aquí. Se queres próbaa antes de levala.
--Veña logo, vou deitarme un pouco - contestou o señor-.
Cando se deitou, adormeceu e o lobo atoulle as mans ós pes. Levouno ao tellado e tirouno ao río.
Nunca máis se volveu ver a aquel home.

Contado por Elvira Espiño Sanchez, ten 90 anos e vive no Cibreiro(Silvela).

Ningún comentario:

Publicar un comentario