24 de mar. de 2011

A Ponte da Corda

Nunha aldea, chamada Corda, da parroquia de Nodar no concello de Friol, localízase unha antiga ponte:
Por esta ponte pasaban os carros cargados de pedra en distintas direccións para construir as vivendas nos pobos próximos.Tamén era o camiño que unía a Corda coa aldea de Samede.
Esta antiga construcción, con máis de oitenta anos, sufriu alguns percances coma o derrubamento de parte dela. Máis tarde os veciños que tiñan terreos próximos reconstruírona.
No río que pasa por debaixo da ponte, había un antigo lavadeiro do cal non quedaron restos porque co tempo foise desfacendo.

Grupo Nodar- Anafreita (Rocío e Iria)

Ningún comentario:

Publicar un comentario