24 de mar. de 2011

Pena Castrela


Contase que fai moitos anos unha mora habitaba en Narla. Un dia a mora andaba pola ``Ponte Pedrido´´, acompañada da súa filla e levando consigo unha vasilla voluminosa con leite, ocupándose na faena de fiar o mesmo tempo que trasladaba na súa cabeza unha enorme roca.O chegar o lugar donde actualmente se encontra a ``Pena Castrela´´, a mora resbalou, a roca caeu da súa cabeza, esmagando a súa filla e rompendo a vasilla. Foi entonces cando pronuciou:
``Pena Castrela,
rompíchesme a ola
matáchesme a nena
o demo te fenda
de rabo á orella´´.
Despois tirou sobre a roca unha pedra e dividiuna en dous.
NILO CASTRO MARTÍNEZ
CONTADO POR:CESAREO CASTRO FRANCO,Avó, 86, Friol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario