24 de mar. de 2011

Miliarios

Que é un miliario? Un miliario ou pedra miliar (procedente do latín miliarium) é unha columna cilíndrica ou oval que se colocaba no borde das calzadas romanas para sinalar distancias cada milpassus (pasos dobres romanos), é dicir, cada milla romana equivale aproximadamente a 1481 metros. A maior parte dos miliarios levaban inscripcións gravadas directamente, dependendo da importancia da calzada, da cercanía ou lexanía a Roma ou das cidades de orixe e destino. A inscripción constaba sempre dunha serie de partes ben definidas:O título completo do emperador baixo o mandamento de o cal se construía ou modificaba a calzada.A distancia ata Roma ou á localidade máis importante da vía.O gobernador ou a unidade militar responsable das obras da calzada.No siglo IV, os miliarios perderon funcionalidade indicativa, transformándose nun elemento de propaganda política.
Miliario de Friol.
Descubrírono uns estudantes de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela mentres facían prácticas. É da época romana e suponse que foi gravado no siglo III e indicaba a distancia de XI millas con respecto a Lugo. A milla equivalía a mil pasos e as XI millas serían os 20 quilómetros separan a Friol de Lugo na actualidade. O miliario atopouse nun monte, nun punto que coincide co límite das parroquias de Guldriz, Devesa e Friol, e suponse que sería utilizado para marcar esa dividión.Trátase dun cilindro de granito de grao groso, que foi alterado e devastado de forma na que na actualidade presenta tres caras rectas e unha cilíndrica.Por sorte parte da inscripción consérvase na zona intacta. Dimensións: Altura 240 cm., ancho 55 cm.A inscrición do miliario é a seguinte:
ARI-MARCO
PIO-FELICI AVG
O TRIB POTEST
IAE·PRO
PRICIPI·I
ALVCO AV X
MP XI
Axudados polo traductor Google, conseguimos unha traducion, sen sentido:ARI-BANDEIRA
CELEBRAR-FELIX AVG
OH EL PODE·O TRES
PARA O IAE
PRICIPI·I
ALVCO AV
XI MILLAS
Xa que non nos convencía, fomos traducindo palabra a palabra:
BANDEIRA-ARI
AVG FELIX-CELEBRAR
OH DE SENTIR, PODE A TERCEIRA
O IAE
·UN PRINCIPIO E

E, como esta non nos convencía tampouco, axudado pola información sobre os miliarios, polas palabras que tíñamos das traducións anteriores e tamén axudados por algunhas traducións de outros miliarios fixemos unha tradución aproximanda:
EMPERADOR MARCO
TRIBUNACIA POTESTAD
PRINCIPE I
XI MILLAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario