10 de feb. de 2011

A ponte das meigas

Esta ponte sitúase na carretera de Lugo a Palas de Rei pasando por Vilamaior. Alá polos anos 40 a xente tiña moito medo a pasar por esta ponte porque se atopaban con un fantasma montado nun burro.
Ainda nos nosos días, hai xente que che explican que o fantasma cruzaba a ponte sen tocar o chán desde o Monte San Vicente hasta San Xorxe, e os menos creentes botaban a culpa a un veciño de San Vicente que tiznaba ao burro con cinza do lume e montaba nel con unha sábana por riba para meter medo a os seus veciños.
Ainda a xente coñece a historia do burro tiznado e seguen tendo medo a cruzar pola ponte.
Esta historia contouma meu avó , Manuel Zas Cebral.(66 anos) Ferreira – Palas de Rei.
Daniel Joaquín Zas Marín- 1ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario