Era un pai con tres fillos que comprou un tractor. O fillo maior díxolle ao seu pai:
--Se me compraras un coche!. Todos os rapaces coma min teñen coche...
Díxolle o pai:
--Mentres no se pague o tractor non se compra nada.
Despois o fillo do medio preguntoulle ao papá:
--Se me comprases unha moto!. Todos os rapaces coma min teñen moto.
Respondeulle seu pai:
-- Mentres non se pague o tractor non se compra nada.
Máis tarde, o fillo pequeno pediulle ao seu pai unha bicicleta:
--Todos os nenos coma min teñen bicicleta!
O pai contestoulle:
--Mentres non se pague o tractor non se compra nada.
O neno saiu para fóra enfadado viu ao galo encima dunha galiña.
Pegoulle unha patada ao galo e dixo:
--Xa dixo meu pai que mentres non se pague o tractor todos a pé.
Recollido por Jorge Corredoira
Contado por María Busto (75 anos).
A Cerdeira (Nodar)
Ningún comentario:
Publicar un comentario