Debido á situación xerada polo falecemento dunha profesora do Centro, decidiuse adiar a posta en escena da obra de teatro que tiñamos previsto realizar o día 18 de decembro.
Como o traballo estaba feito pensamos que o mellor era pasar o estreno para o día 15 de xaneiro, primeiro venres despois da volta das vacacións, áas 12 e media da mañá. Esta sesión está destinada para os alumnos de E.S.O. do noso centro.
Pensamos que tamén era oportuno realizar un segundo pase o sábado día 16 de xaneiro ás 16.30. Nesta ocasión a entrada é libre e desde aquí convidamos a todos os pais e aos veciños que gusten do teatro a achegarse ata o Centro Sociocultural para ver unha representación que seguro vai ser divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario