24 de set. de 2009

Obradoiro de teatro

Un novo ano empezamos a andaina teatreira.
Como a nosa idea é de que aumente o número de participantes na actividade, decidimos crear un "Obradoiro de Teatro" coa fin de iniciar a aqueles que o ano pasado ou ben non se apuntaron á actividade ou ben non foron elixidos para a mesma. Seguramente que algúns que non se tivesen anotado por medo ou pola incerteza dunha actividade que require dedicación e valentía, hoxe mudaron de opinión e gustaríalles participar con nós.

O que pretendemos neste Obradoiro é formar un grupo máis amplo de actores e actrices e traballar a faceta interpretativa cara a próxima representación da nova, ou novas, obras.
Sabedes quen somos, quen está, e só queda por dicir que estamos esperando por vós.

Tedes de prazo ata o día 13 de outubro, e a actividade --inicialmente-- desenvolverase dentro do horario escolar.
Se queredes máis información, ou para anotarvos xa sabedes con quen tedes que falar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario