Xan Guindán queríase casar
tiña a moza sen buscar
andáballe facendo o amor
á filla da tía Xoana.
-Boas noites tía Xoana,
-Boas noites tía Xoana,
onde lle vai a rapaza.
-Foi buscar o gas para a noite,
-Foi buscar o gas para a noite,
xa me parece que tarda.
Daquela chegou a rapaza
Daquela chegou a rapaza
de portas para adentro.
-Boas noites Xan Guindán,
traigote no pensamento.
-Pois ti diralo de bromas,
-Pois ti diralo de bromas,
pero eu digoo de veras.
Eu queríame casar
Eu queríame casar
e véñoche facer o amor.
-Pois tamén che hei de dicir
-Pois tamén che hei de dicir
e tamén hei de contar,
quero facer unha saia
e teño a lá sen fiar,
os zapatos rotos
e o pano todo furado,
se tes cartos cómprame outros
e casemos de contado.
Fixéronse as municións
Fixéronse as municións
como de uso acostumbrado.
Leváronllas ao cura
que as lea de contado.
O cura leu as municións
no ofertorio da misa
e á xente que as oíu
tamén lle servíu de risa.
O cura e ó sancristán
O cura e ó sancristán
da risa que lles deu
caeulles o libro da man.
Xan Guindán quedouse teso
coma as varas dun caínzo,
deu a volta e camiñou,
nin sequera adeus lles dixo.
A nena sentiu vergoña
pero as vellas aínda se rían
e así que chegou alí
díxolles que non quería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario