12 de dec. de 2008

Toca o pandeiro Manuel

Toca o pandeiro Manuel,

e que non falte alegría!.

Que esta noite nacerá Xesús

fillo da Virxe María.

 

Ai no portal de Belén

tiña que haber un galego !.

Ai no portal de Belén !

Fora de Ourense ou de Lugo,

da Coruña ou pontevedrés.

E tiña que estar  e tiña que haber,

algún galeguiño  xunto do recén.

Xunto do recén non podía faltar

algún galeguiño para aturuxar.

 

Mira que bonito está,

dá gloria velo na cuna!.

Un boi lle dá o seu calor

e as pallas cómeas a mula.

Mentres, se escoita no ceo cantar:

Gloria a Deus nas alturas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario