1 de dec. de 2008

Refráns

-Polo San Martiño deixa a auga e bebe o viño
-Martes e venres nin podes nin plantes, nin te cases nin te embarques, nin a túa ceba mates
-Xaneiro molladeiro nin meda nin medeiro
-Poda curto e ara fondo e terás viño e pan abondo
-Home coxo e can rabelo desconfía del coma do demo
-Se a candelaria chora, medio inverno fora, se chora ou deixa de chorar, medio inverno por pasar
-Se cuca o cuco despois do San Pedro caba a braña sen medo
-Home pequeno fol de veleno
-A auga do San Xoán quita viño e non dá pan
-Home luneiro pouco colleiteiro
-Maio pardo San Xoán claro vale máis que as mulas e o carro
-Maio= Pitaio
-Castañas: Agosto arder e setembro beber

Ningún comentario:

Publicar un comentario