3 de dec. de 2008

Refrans

O día de Santa Lucía
baixa a noite e crece o día.

Día de San Xoan sécalle a primeira raíz o pan,
o día de San Pedro sécalle a do medio e
o día de Santa Isabel seca todo él.

En xaneiro, lume na lareira
e porco no fumeiro.

Por San Bras os días
pequenos xa quedan atrás.

O que de vello queira folgar,
de novo ten que traballar.

A viña do bo amo pódase en marzo,
e a do ruín pódase en abril.

O que non ten casa nin viña,
en calquera parte se aveciña.

O mes de abril e maio,
son a chave de todo o ano.

O que aos vinte non é home e aos trinta non casou,
ese paxaro xa voou.

Uva mollada, para o
viño non vale nada.

Outono chegar,
prados a verdexar.

Para espanter as meigas, allo,
e para facer augardente, leña de carballo.

Nunca lle falta a quen atender,
ao que ten carro e muller.

Ningún comentario:

Publicar un comentario