2 de dec. de 2008

Refrans e ditos

-Se oías o cuco sen almorzar alforxábate.

-Boi vello polo seu uso labra.

-Se trona na lúa de marzo tronan todas.

-Se a unha galiña choca, lle trona cando está deitada mórrenlle os polos.

-Cando canta o galo lombriga o dia.

-Ovos e zapatos na cuarentena baratos.

-Marzo, marzolo trebón e raiolo.

-En abril augas mil.

-Cando chove e vai sol, corre o demo cara Friol.

-Entre marzo e abril sae o cuco do cubil.

-Marzo, marzoco, cara de porco.

-Marzo, nin mexo de rato.

-En San Xoán tanto queixo coma pan.

-Pola SantaLucía baixa a noite e medra o día.

-En San Xoán a sardiña molla o pan.

-Polo San Martiño mata o teu porquiño.

-Cando a lúa sae cos cornos para arriba, mal mes.

-Onde irás boi que non ares, a cortadoría.

-En maio aínda a vella queima o taio.

-Pita que non pon, á feira.

-Xente nova e leña verde todo é fume

Ningún comentario:

Publicar un comentario