9 de dec. de 2008

Panxoliña: Vinde ver ó neno

Vinde ver ó neno
que está despidiño
e acurrucadiño
ó pé dos seus pais.
E máncano as pallas
en que está deitado
e o noso pecado
aínda o manca máis.

O meniño pequeniño
entre unhas pallas se ve
como o neno é tan pequeno
aínda non se ten de pé.
Ai que neno, ai que neniño!
ai que ganiñas me dan
de comerlle a cara a bicos
de gordo e branco que está.



Ningún comentario:

Publicar un comentario