7 de dec. de 2008

O refraneiro

O que mata unha abella
ten cen anos de pena.

Se te pica un alacrán
busca crego e sancristán
que mañá te enterrarán.

Hoxe irei, mañá irei,
mal a casa coidarei.

Hoxe voume, mañá voume,
e non sei cando nin sei para onde.

Non hai día que non chegue
nin prazo que non acabe.

Navegar contra o vento,
custa traballo e tempo.

Muller panza arriba e home posto ao revés,
non sei que fan que lle dán moito aos pés.

Se a vella é gaiteira,
que fará a moza solteira.

Home pobre,
nin quieto nin calado.

Na casa do pobre,
cada un enterra o seu pai como pode.

Onde non hai nada,
a porta está pechada.

Home pobre, vida alegre

Polo Nadal,
cada ovella no seu curral.

Mes de Nadal,
mes de capón a caron do lar.

As verdades son dos homes
e as mentiras das mulleres.

Máis vale un home
ca sete mulleres.

O home pensa e a
muller dá que pensar.

Home con mandil, cágome nil.

Home con saia, nin home nin nada.

Home borracho, señal de borracho.

Home que non ten muller,
todo lle sae ao revés.

A dona traballadora non
quere home lacazán.

Home barrigudo,
non é moi agudo.

Home de moitos oficios,
poucos beneficios.

Home que non razona,
que o demo o coma.

Despois de filla casada,
xenros á porta.

Fillos casados,
ladróns declarados.

Fillos casados,
traballos dobrados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario