O meu avó e a miña avoa casáronse o día 4 de febreiro de 1952. Antes era tradición que o noivo e os seus acompañantes fosen buscar á noiva á casa dela, onde se poñían como aperitivo galletas, viño blanco e augardente. A noiva vestíase para a ceremonia de negro. Logo íase oír a misa que se celebraba máis ou menos como agora e despois foron comer a unha cantina chamada "Casa do Balanqueiro", e alí comñiase o que se levaba da casa, que non era outra cousa máis ca boliños de trigo, queixo e un pouco xamón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario