Pola mañá íanse vender as cousas e ao que se vendía todo, comíase na feira o que se levaba da casa. Pola tarde as mozas e os mozos daban paseos xuntos desde o que é hoxe Casa Terrón ata donde está a Caixa. O mozo que quería saír cunha rapaza tocáballe na espalda e saían a pasear xuntos. Cando se cansaban de pasear sentábanse na ponte do río. Xa entrada a tarde, a xente collía camiño cara a casa para seguir cos seus labores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario