3 de dec. de 2008

Ditos e refráns

-A alforxa do pobre con todo pode.
-Come leite e bebe viño e chegarás a vello sendo un mociño.
-O que poda en xaneiro,vendimará no sombreiro.
-Non as fagas e non as temas.
-Non é máis rico o que máis ten.
-Grande é o demo e non hai quen o queira.
-Cando a esmola é grande ata os santos desconfían.
-Cando chove e vai vento, sinal de mal tempo.
-Pano podre non garda puntada.
-Ou nas uñas ou nos pés has de saír a quen es.
-Hai que dar e ter para que nos veñan ver.
-Hai cativos con fortuna e bos mozos sen ninguha.
-Lume xunto á estopa, vén o demo e sopra.
-Lúa nova tronada, trinta días de mollada.
-Quen queira comer peixe ten que mollar o cu no río.
-No mes de xaneiro e cos pés de braseiro.
-As canas enganan, os dentes e as enrugas non menten.
-Soprar e sorber non pode ser.
-Non sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
-O ben e o mal á cara saen.
-O demo sabe máis por vello que por demo.
-Fillo es pai serás; segundo fixeres, así encontrarás.
-O que outro suda pouco dura.
-Os bicos non fan fillos pero tocan as vésperas.
-Os cartos cóllense unha vez e antes cóntanse tres.
-Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro.
-Unha vez casaras e mil te arrepentirás.
-Non hai atallo sen traballo.
-Amiguillos si pero a vaquiña polo que vale.
-Unha fouce non fai sega.
-Arco da vella formado, nin bo tempo, nin moi malo.
-Casa Xoán, que Deus dará pan.
-Cabalo grande ande ou non ande.
-Cada pita mantén os seus polos.
-Van as leis para onde queren os reis.
-Na casa onde non hai fariña todo se volve rifa.
-Diñero prestado, amigo acabado.
-Amigo que non serve e coitelo que non corta pouco importa.
-Con augas pasadas non moe o muíño.
-Fai máis quen quere que quen pode.
-Neve enriba da lama, vén a chuvia e faille a cama.
-Gárdate de can que non ladra e de home que non fala.
-A non ter calquera chega.
-A porta vella caravillas novas.
-Besta de moitos, cómena os lobos.
-Ano de ameixas ano de queixas.
-Cazador e troiteiro, nin boa vida nin bo palleiro.
-Ó lacón e ó touciño tragos de viño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario