28 de nov. de 2008

Unha pega rebordá...

Unha pega rebordá
puxo un ovo na quintá
puxo un e rebordou
puxo dous e rebordou
puxo tres e rebordou
puxo catro e rebordou
puxo cinco e rebordou...
(Este é un xogo no que os que participan deben repetir -sen alentar-- a fórmula. Gaña o que aguanta máis. 

1 comentario:

  1. Máis fórmulas que son variantes da que aquí aparece.
    Unha pega pegarela
    puxo un ovo na portela
    Puxo un e rebordou
    puxo dous e rebordou...
    E outra máis sinxela recollida nas terras de Guntín:
    Unha pega rebordá
    puxo un ovo e rebordou
    puxo dous e rebordou...

    ResponderEliminar