25 de nov. de 2008

O Campo da Feira de Guimarei


Antes no Campo da Feira, había feira de bestas, cabalos, ovellas etc. O día 26 de cada mes había feira, e o 26 de outono era a feira máis grande onde a xente traía mulas. Tamén se vendían queixos, pan, pulpo, roupa. Agora o Campo da Feira está a campo e a cabalos. Despois de todo aínda vale para algo porque cando é o día da festa a xente que vén a misa aparca alí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario